Unha comitiva provincial viaxa a Cataluña, País Vasco e Navarra para aprender dos seus sistemas de recollida de residuos

Pontevedra
22 de maio 2022

A comitiva provincial formada por representantes de 16 concellos saíu este domingo de Pontevedra para iniciar o luns catro intensos días de traballo. Na viaxe veranse diferentes variantes de recollidas 'Porta a Porta', plantas de compostaxe e taxas baseadas no pago por xeración

Unha comitiva provincial viaxa a Cataluña, País Vasco e Navarra para aprender dos seus sistemas de recollida de residuos
Unha comitiva provincial viaxa a Cataluña, País Vasco e Navarra para aprender dos seus sistemas de recollida de residuos / Deputación de Pontevedra

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra iniciou a primeira hora da mañá deste domingo a súa viaxe formativa cara a País Vasco, Navarra e Cataluña para coñecer 'in situ' diferentes sistemas de recollida de residuos que poder aplicar na provincia.

A comitiva provincial formada por representantes políticos e técnicos de dezaseis concellos da provincia (Poio, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Mancomunidade do Morrazo -Bueu, Cangas e Moaña-, Valga, Soutomaior, Tomiño, A Guarda, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas e A Cañiza).

Todos eles estudarán no terreo diferentes variantes de recollida tipo 'porta a Porta' ou 'pago por xeración' e visitarán instalacións de compostaxe tanto simples como 'mixtas', de biorresiduos agrogandeiros e municipais, que permitirán complementar o modelo 'Revitaliza' que se está a aplicar na actualidade e cumprir canto antes os obxectivos de reciclaxe obrigados pola nova normativa.

O autobús co grupo chegará esta noite a destino para comezar o luns co intenso programa ata o xoves pola noite, sendo a xornada do venres de volta cara a Pontevedra.