Unha delegación política de Braga visita Pontevedra para coñecer o seu modelo urbano

Pontevedra
12 de xullo 2021

Coñecer de primeira man o modelo de cidade implantado en Pontevedra. Ese foi o obxectivo da visita que membros do Bloco de Esquerdas da localidade portuguesa de Braga realizaron este luns á cidade do Lérez

Visita a Pontevedra dunha delegación do Bloco de Esquerdas de Braga Cristina Saiz

Coñecer de primeira man o modelo de cidade implantado en Pontevedra. Ese foi o obxectivo da visita que membros do Bloco de Esquerdas da localidade portuguesa de Braga realizaron este luns á cidade do Lérez.

A comitiva foi recibida polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e os concelleiros Demetrio Gómez e Xaquín Moreda; e a continuación visitaron a cidade para coñecer os detalles dos cambios realizados en Pontevedra para recuperar os espazos públicos para os cidadáns.

A axenda internacional do Concello de Pontevedra incluíu ademais unha videoconferencia co EIT Urban Mobility, unha iniciativa do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía.

No marco desta intervención, o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, explicou o modelo urbano de Pontevedra ante os emprendedores que liderarán as próximas startups de mobilidade na Unión Europea.

A liña de actuación deste proxecto é fomentar os cambios na forma en que as persoas se moven polas cidades co fin de facelas máis habitables.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora