Unha depuradora completa o saneamento da localidade cuntiense de Teaño

Umia
26 de xullo 2022

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, supervisou o remate dos traballos e destacou a importancia de contar dunha rede separativa en todo o municipio

Instalan unha depuradora na localidade de Teaño, en Cuntis Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis vén de rematar as obras de instalación dunha nova depuradora no lugar de Teaño que mellorará sensiblemente a calidade do saneamento neste entorno.

Esta actuación completa unha primeira fase das obras coa instalación de canalizacións e pozo de conexión a vivendas nun tramo de 500 metros. Nesta segunda fase do proxecto, o Concello de Cuntis procedeu á instalación da depuradora, con capacidade para atender á actual poboación do lugar de Teaño e incluso con previsión para un posible incremento demográfico.

Manuel Campos, alcalde de Cuntis, confirma que queda pendiente ainda unha última fase deste proxecto de mellora do saneamento na que o Concello actuará nun tramo que discurre pola PO-220.

O orzamento municipal contempla xa unha partida para a execución destes traballos, que no seu conxunto superan os 80.000 euros de investimento e que o Concello está a acometer con fondos propios e unha aportación da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos. Para abaratar costes traballouse con maquinaria e persoal propio do Concello.

Desde o goberno local lembran que máis do 80 % do territorio de Cuntis está saneado.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora