Unha festa infantil de disfraces e varios obradoiros, principais novidades do Entroido en Cambados

O Salnés
30 de xaneiro 2023

A programación vai desenvolverse entre o 17 e o 22 de febreiro. O concurso-desfile de carrozas está previsto para o domingo 19 de febreiro, a partir das 17.00 horas

Presentación do Entroido 2023 en Cambados
Presentación do Entroido 2023 en Cambados / Concello de Cambados

O goberno local de Cambados presentou a programación de Entroido 2023, que se desenvolverá entre o venres 17 e o mércores 22 de febreiro.

A principal novidade deste ano será a organización dunha festa de disfraces infantil e a organización de obradoiros infantís.

As actividades comezarán a partir das 22.30 horas do venres 17 con 'A túa cara sóame' na praza Alfredo Brañas.

O sábado 18, a partir das 16.30 horas, celebrarase a festa infantil no Parque Torrado. Nesa mesma xornada actuarán Batucada Olodum do Coio ás 20.00 horas e celebrarase un concerto de Leda Atómica na praza Alfredo Brañas, ás 21.00 horas. Xa ás 23.30 horas na mesma praza ofrecerase un espectáculo musical e visual de Terrae.

Na xornada do domingo 19 de febreiro, a partir das 17.00 horas, chegará o esparado concurso-desfile de carrozas pola vila. Ao día seguinte, o luns 20, a partir das 17.00 horas, no Salón Peña, terá lugar o concurso infantil de disfraces.

Na xornada do martes 21, ás 18.30 horas na praza Alfredo Brañas, poñerase en marcha o concurso de comparsas e disfraces de adultos. 

O punto final a estas xornadas festivas poñerao o tradicional Enterro da Sardiña durante o mércores 22 de febreiro ás 18.30 horas.

Repartiranse 13.700 euros en premios entre os diferentes concursos. As inscripiciones para participar pódense facer a través da sede electrónica do Concello de Cambados ou tamén de maneira presencial no rexistro municipal.