Unha festa o sábado 30 poñerá o peche a Noites Abertas

Pontevedra
23 de abril 2016

Curros Enríquez será escenario dunha xornada de actividades e música a partir das 18:00 horas da tarde

Festa final de 'Noites Abertas 2014'
Festa final de 'Noites Abertas 2014' / Diego Torrado

A praza de Curros Enríquez volverá ser escenario dunha gran festa para poñer punto final a Noites Abertas, na súa edición de 2016.

Será o sábado 30 de abril, coa música e a cultura urbana como protagonistas dunha xornada que arrincará ás 18:00 horas.

Ademais de diferentes obradoiros, os asistentes poderán gozar de concertos en directo, da man dos grupos Venomous pink, Stock e Chirri Bomb.

En canto aos obradoiros, relacionados coa cultura urbana como o grafitti, breakdance ou hip-hop será nesta ocasión sen límite de idade.