Unha gala divirte os maiores da Residencia Campolongo

Pontevedra
16 de xaneiro 2023

Trátase dunha mostra máis de cariño aos residentes deste centro para persoas maiores ao que seguen a chegar cartas de apoio. A actuación foi organizada por Francisco Papiri e Chacho Iglesias coa presentación e dirección da actriz cómica Merce Pousada e o showman Rafa Córdoba

Gala humorística na Residencia de Maiores de Campolongo
Gala humorística na Residencia de Maiores de Campolongo

A residencia de maiores de Campolongo segue a ser centro de atención, tras a campaña de recollida de cartas con motivo das festas de Nadal. Nesta ocasión, este espazo residencial convertíase en escenario dunha divertida gala en homenaxe ás persoas usuarias.

Organizado por Francisco Papiri e por Chacho Iglesias, o evento contou coa dirección e presentación de Merce Pousada e do showman pontevedrés Rafa Córdoba.

Ademais, tamén participaron desinteresadamente outros artistas como La Morgan galega, Alexandra Carrera, Os Alegres de Mourente, Enrique Elvite e tamén, durante o acto, tiña lugar unha sesión de bailoterapia impartida por Baila con Gabi.