Unha sabotaxe deixa sen internet a máis de 5.000 veciños de Barro e Meis

Pontevedra
21 de xuño 2022

Unha sabotaxe no servizo da internet provocou unha "avaría masiva" que deixou sen servizo a 5.000 veciños dos  concellos de Barro e de Meis. Tamén están afectados usuarios da parroquia pontevedresa de Campañó

Unha muller traballando nunha oficina
Unha muller traballando nunha oficina / Ministerio de Trabajo

Unha sabotaxe no servizo da internet provocou unha "avaría masiva" que deixou sen servizo a 5.000 veciños dos concellos de Barro e de Meis. Tamén están afectados usuarios da parroquia pontevedresa de Campañó.

Este domingo sobre as once e media da noite cortaron os cables de fibra óptica da central de Curro e este luns ao mediodía aínda non se puido restablecer completamente o servizo.

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes confirmou que desde a Dirección  Xeral de Telefónica de Galicia informáronlle de que se trataba dun incidente grave porque dúas liñas de cableado apareceron cortadas. Nas últimas semanas repetíronse este tipo de incidencias.

Unha das liñas, a que dá servizo ás institucións e servizos oficiais, xa foi reparada pero continúa a avaría que afecta os usuarios particulares. Unha reparación que resulta máis complexa porque esta conexión ten máis de 100  filamentos.

O alcalde expresou a súa preocupación porque entre os afectados atópase empresas de toda a zona e tamén o servizo de teleasistencia.