Unha trintena de cociñeiros e cociñeiras exaltarán a Filloa de Valongo

Cerdedo Cotobade
30 de agosto 2023

Preto de trinta cociñeiros e cociñeiras participarán no certame culinario co que se celebrará a edición número 45 da Festa da Filloa de Valongo. Será este sábado 2 de setembro

Presentación da XLV edición da Festa da Filloa de Valongo
Presentación da XLV edición da Festa da Filloa de Valongo / Concello de Cerdedo-Cotobade

Preto de trinta cociñeiros e cociñeiras participarán no certame culinario co que se celebrará a edición número 45 da Festa da Filloa de Valongo. Será este sábado 2 de setembro.

A elaboración das prestixiosas filloas de Valongo comenzará ás 18:30 horas. O doce poñerase á venda por un prezo de 10 euros a ducia na carpa habilitada no campo das festas.

A música que amenizará esta festa correrá a cargo da Charanga MIL9 (19:00 horas) e pola noite, a partir das 22:30 horas, terá lugar a verbena amenizada pola orquestra Favorita e o grupo Distrito 7. Ás 23:55 horas haberá unha tirada de fogos de lucería.

O domingo 3 de setembro será o día dedicado á entrega de trofeos da XLV Festa da Filloa de Valongo, coa entrega que terá lugar a partir das 12 do mediodía. Media hora máis tarde fará entrada a Banda de Gaitas Foula e ás 13:15 horas terá lugar a misa solemne e a procesión.

Todo este programa festivo, que tamén homenaxea á Virxe do Libramento, arrancará xa o venres 1 de setembro, a partir das 21 horas, cunha gran churrascada amenizada por Son das Tabernas e o grupo musical 3.COM.

A Festa da Filloa de Valongo é unha das máis antigas da comarca e ten máis que consolidada a súa continuidade, segundo destacan desde o Concello, grazas á colaboración e incorporación de xente moza "que fai que esta festa gastronómica teña garantido un gran futuro por diante".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora