Unha veciña de Cuntis, que xa ten cinco tataranetos, celebra os seus 104 anos

Umia
09 de maio 2018

María Dolores Carmen García Aboy suma 104 anos. Traballou no campo toda a súa vida, e con 5 fillos, 14 netos, 12 bisnietos e 5 tataraneetos, atópase en bo estado de saúde. Na mañá deste mércores recibiu a visita do alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e da concelleira de servizos sociais, Conchy Campos

María Dolores Carmen García Aboy, de Cuntis, fixo 104 anos
María Dolores Carmen García Aboy, de Cuntis, fixo 104 anos / Concello de Cuntis

Este mércores 9 de maio, María Dolores Carmen García Aboy cumpre 104 anos. É unha das veciñas máis lonxevas de Cuntis.

O seu fillo Enrique comenta que ela está moi contenta, que se atopa en moi bo estado de saúde, e que non toma ningún medicamento, exceptuando un xarope para a tose antes de ir a durmir.

María Dolores casou moi nova, con 19 anos, e tivo sete fillos dos cales viven cinco. Enrique, o máis novo, ten 64 anos, e o maior, 83. Xa ten 14 netos, 12  bisnetos, e 5 tataranetos.  Nin máis nin menos que catro xeracións.

Foi moi activa toda a súa vida, traballando no balneario desde as 5 da mañá e na labranza o resto do día, como moitas mulleres galegas da súa xeración.

Recibiu pola mañá a visita do alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e da concelleira de servizos sociais, Conchy Campos, que quixeron acercarse a felicitala.