Unións Agrarias pide á Xunta que impulse os contratos na Denominación de Orixe Rías Baixas

O Salnés
09 de xullo 2014

Pide á Consellería de Medio Rural que poña en marcha mecanismos de indexación de prezo para as uvas similares os que vén anunciar para o sector lácteo. Con esta iniciativa ademais de rentabilizar mellor o instrumento desenvolto, favoreceríase extender a contratualización das producións en Rías Baixas

Na vendima de Rías Baixas traballan 6.677 familias de viticultores
Na vendima de Rías Baixas traballan 6.677 familias de viticultores /

O sindicato Unións Agrarias (UUAA) pide á Consellería de Medio Rural que poña en marcha mecanismos de indexación de prezo para as uvas similares os que vén anunciar para o sector lácteo.

Con esta iniciativa ademais de rentabilizar mellor o instrumento desenvolto, favoreceríase extender a contratualización das producións na Denominación de Orixe Rías Baixas.

Sinala este sindicato que desde a Xunta de Galicia "parece usarse dúas varas de medir" no impulso de medidas normativas que fagan máis equilibrada a cadea de valor das producións dependendo do sector.

Así indican que mentras que no lácteo se inviste en mecanismos informático de indexación como o programa Xacobea, no sector vitivinícola "nin sequera se reune ao sector para favorecer unha contractualización xusta na que os produtores e as adegas da D.O. Rias Baixas que poña as bases para un crecemento equlibrado de tódolos activos do sector".

UUAA lembra que os progresos e presencia do viño da DO Rías Baixas nos mellores estádares de calidade e "un mérito compartido por todos, tamén polos produtores". Neste sentido, aposta porque desde Medio Rural "se provea de mecanismos ao sector que modernicen as estructuras produtivas xa sexa a través da actualización de censos como de ferramentas de equilibrio da cadea de valor".