O Usos Múltiples de Portonovo acollerá o concurso de parodias cuxa participación ten premio

Sanxenxo
11 de febreiro 2025
Actualizado: 16:47

O período de inscrición finaliza o próximo 5 de marzo. Haberá 10 accésit de participación de 50 euros e un premio único de 200 euros.

Concurso de Parodias de Sanxenxo
Concurso de Parodias de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo convoca un ano máis o concurso Parodias Feito na Casa no que os participantes deberán representar e escenificar situacións, feitos da vida cotiáns ou de actualidade con humor e enxeño.

A cita conducida por Silvia Dorrón terá lugar o próximo 7 de marzo, ás 21:30 horas, no salón dos Usos Múltiples de Portonovo.

A Concellería de Cultura quere potenciar a implicación cidadá con 10 accésit de participación de 50 euros e un premio único de 200 euros.

O período de inscrición conclúe o venres 5 de marzo ás 23:59 horas e poderase realizar presencialmente no rexistro de Terra de Sanxenxo de 8:30 a 14 horas ou na sede electrónica deste organismo autónomo.

Os participantes deberán presentar un mínimo de dúas actuacións e deberán axustarse a un escenario de 4x4.

A organización porá a disposición o equipo de son, así como o atrezo que necesiten para a actuación.

A duración non deberá exceder o cinco minutos. A temática é libre, parodiando calquera situación ou tema en tónica de humor. Na actuación quedará prohibida a utilización de calquera clase de lume e a participación de animais vivos.

O xurado puntuará do 1 ao 5 os criterios de orixinalidade do disfrace, posta en escena e aderezo.