Vaipolorío cataloga a riqueza micolóxica do río Gafos

Pontevedra
16 de decembro 2018

A actividade realizárona da man do micólogo Jaime Blanco Dios e o biólogo Amancio Castro para tratar de ir pechando o inventario das especies que os integrantes de Vaipolorío van localizando en distintas tempadas nas beiras do río Gafos 

Saída micolóxica polo río Gafos
Saída micolóxica polo río Gafos /

A asociación ecoloxista Vaipolorío realizou unha saída micolóxica científica para afondar no seu traballo de análise e catalogación da riqueza do río Gafos a nivel micolóxico. 

A actividade realizárona da man do micólogo Jaime Blanco Dios e o biólogo Amancio Castro para tratar de ir pechando o inventario das especies que os integrantes de Vaipolorío van localizando en distintas tempadas nas beiras do río Gafos.

A saída tivo como obxectivo localizar, catalogar e, no casos nos que procede, recoller as especies para depositar na micoteca de Lourizán as especies de interese que atopen, como se fixo nas xornadas anteriores.