Vaipolorío conclúe a campaña estival de limpeza do Gafos

Pontevedra
27 de agosto 2018

En total este verán lográronse retirar preto de 800 quilos de desperdicios do río

Xornada de limpeza do Gafos
Xornada de limpeza do Gafos

Coa xornada de traballo deste domingo a asociación Vaipolorío concluíu a súa campaña estival de limpeza da canle do río dos Gafos.

Segundo informou o colectivo ecoloxista, nesta quinta e última xornada participaron uns 25 voluntarios que retiraron 165 quilos de lixo deste ecosistema fluvial.

En total este verán lográronse retirar preto de 800 quilos de desperdicios do río.

A zona na que máis lixo retirouse é a comprendida entre a rúa Otero Pedrayo e Ponte da Condesa, de onde a asociación retirou na xornada do pasado 12 de agosto 250 quilos de lixo.