A asociación ecoloxista Vaipolorío reiterou ante o 112 unha nova denuncia por unha vertedura ao leito do río Gafos.
Esta alerta xa foi comunicada por primeira vez o pasado martes 12 de novembro e este xoves 21 volveu notificar este feito ante Augas de Galicia.
Concretamente, estas verteduras prodúcense nun sumidoiro que está no lugar do Marco, na parroquia de Tomeza. Como se comproba na imaxe que acompaña a esta información este sumidoiro desborda con gran forza de modo que nin as pedras colocadas sobre a tapa metálica impiden que verta auga de cor agrisada e cun forte cheiro.
O punto da vertedura está preto de onde o río Pintos achega as súas augas ao Gafos.