A Policía Autonómica investiga a orixe dunha vertedura de aceite usado localizado nas proximidades do río Gafos.
Foi o colectivo ecoloxista Vaipolorío o que denuncio a situación, alertando este sábado ao 112 tras atopar diversos contedores de aceite.
Segundo os seus cálculos serían ao redor de 300 os litros de aceite usado, almacenados en diferentes envases. Unha situación que supón un grave perigo ambiental para este espazo natural.
Desprazados ao lugar, os axentes da Policía Autonómica elaboraron un informe oficial do suceso.