Vaipolorío denuncia unha vertedura ao río Pintos

Pontevedra
10 de xaneiro 2019

O colectivo ecologista puxo os feitos en coñecemento do 112 de Galicia, que remitiu a denuncia ao servizo de control de calidade das augas da Consellería de Medio Ambiente

Vertedura no río Pintos, afluente dos Gafos Vaipolorío

A asociación Vaipolorío denunciou este xoves unha vertedura no río Pintos, afluente dos Gafos, que atravesa a parroquia de Marcón.

Á primeira hora da mañá o leito do río estaba tinguido de cor branca.

O colectivo ecoloxista puxo os feitos en coñecemento do 112 de Galicia, que remitiu a denuncia ao servizo de control de calidade das augas da Consellería de Medio Ambiente.

Non é a primeira ocasión na que Vaipolorío denuncia esta circunstancia da que tiveron coñecemento tras a chamada de alerta duns viandantes que percibiron a coloración anómala do río ao seu paso pola Estación de Autobuses de Pontevedra.