O colectivo ecoloxista Vaipolorío denunciou este martes 23 a presenza de verteduras no tramo urbano do río Gafos, entre a ponte Boleira ata fronte a rotonda da Avenida de Vigo, no casco urbano de Pontevedra.
Segundo informa a organización, que se dedica desde hai décadas á limpeza deste río, os usuarios do paseo Fernando Rodríguez e Antonio F. Cordeiro puxéronse en contacto con eles para alertar da situación ao comprobar o líquido que saía dunha canalización.
A vertedura procede de tubaxes de augas pluviais e presentan unha coloración "tella ou ferruxinosa", segundo describen os integrantes de Vaipolorío na súa denuncia.
O colectivo xa comunicou os feitos tanto á Policía Local como ao servizo de emerxencias 112 para que se tomen as medidas oportunas.
Vaipolorío leva anos denunciando este tipo de situacións que se repiten con frecuencia.
O colectivo loita pola conservación e limpeza do río Gafos, un dos afluentes do Lérez que atravesa o casco urbano de Pontevedra.
