A asociación Vaipolorío levou a cabo este martes unha nova xornada de limpeza do río dos Gafos incluida na campaña deste ano.
Nesta ocasión contou coa colaboración de Arela, que aportou 13 persoas voluntarias. Segundo informaron dende Vaipolorío, o lixo retirado nesta ocasión chegou aos 50 quilos.
E sen tempo para descansar xa está en marcha a cuarta xornada de limpeza. Será este domingo 11 de agosto, ás 10.00 horas no habitual punto de encontro na Estación de Autobuses de Pontevedra.
Ó remate da xornada haberá un xantar para todos los participantes que o desexen. As reservas para participar no xantar poden facerse chamando, antes deste xoves, ao teléfono 676 842 942.