Vaipolorío organiza unha actividade para coñecer a tradición das herbas de San Xoán

Pontevedra
15 de xuño 2020

Será o 23 de xuño ás 19.30 horas en Ponte da Condesa, Tomeza. Para participar hai un límite de 15 prazas e as persoas interesadas deberán reservar a través do 676.842.942

Herba de San Xoán
Herba de San Xoán / Manuel M. V.

A asociación ecoloxista Vaipolorío organiza para o vindeiro martes 23 de xuño unha sesión para coñecer os rituais da tradición das herbas de San Xoán na contorna do río dos Gafos. 

A cita está prevista para as 19.30 horas en Ponte da Condesa, na parroquia pontevedresa de Tomeza. Amancio Castro, profesor de Ciencias Naturais e Educación Ambiental será o encargado de explicar as tradicións e costumes destas herbas.

O número de prazas para participar nesta iniciativa atópase limitado a 15. Aquelas persoas interesadas en formar parte desta actividade deberán reservar praza a través dunha mensaxe por Whatsapp no número de teléfono 676.842.942. A participación é gratuíta.

As persoas que asistan deberán cumprir coa normativa sanitaria e portar material de protección, ademais de manter distancias de seguridade.