Levan 290 quilos de lixo recollido nas catro xornadas previas da campaña de verán que a asociación Vaipolorío está a acometer este ano. O vindeiro domingo será a xornada final desta iniciativa destinada a limpar o leito e a contorna do río de Vos Gafos.
A xornada na que detectaron máis cantidade de residuos foi a primeira na que se recolleron 105 quilos grazas á intervención de vinte persoas voluntarias. A cifra foi en descenso durante os seguintes domingos con 90, 75 e 20 quilos retirados desta contorna natural.
A media de participantes atópase nas vinte persoas por xornada coa intervención de integrantes da Fundación Juan XXIII e do Centro de Menores Avelino Montero. Para acudir a esta última sesión de limpeza, prevista para o domingo 28 ás 10.00 horas, é necesario avisar antes do venres 26 no teléfono de la asociación ecologista: 676.842.942.