Varios vehículos danados por árbores e contenedores noutra xornada de temporal en Pontevedra

Pontevedra
31 de xaneiro 2026
Actualizado: 15:15

A tarde do venres deixou multitude de incidencias, ningunha de gravidade. A rúa Valdecorvos quedou asolagada de auga e houbo desprendementos de elementos de obra, mobiliario urbano e sinalización

Xornada de choiva en Pontevedra
Xornada de choiva en Pontevedra / Cristina Saiz

A tarde deste venres 30 de xaneiro foi unha das máis intensas da semana para os servizos de emerxencias de Pontevedra por mor do temporal.

Segundo a información municipal, foi o día da semana con máis intervencións, a maior parte pola tarde e todas sen gravidade.

Unha das máis complexas foi o asolagamento rexistrado na rúa Valdecorvos

Ademais, varios coches resultaron danados. Nas rúas Casimiro Gómez e Benito Corbal, os desprazamentos de contedores causaron danos a vehículos estacionados. 

Na avenida de Bos Aires, á altura da praia fluvial, houbo constancia da caída de árbores sobre o carril de circulación, causando danos a un vehículo en movemento e a outro estacionado.

Segundo o balance oficial, houbo árbores caídas nunha estada de obras na rúa Prado Novo e unha árbore caeu sobre a calzada na PO-532.

Houbo constancia de desprendementos en edificios e fachadas de varias rúas. Na Rúa da Torre, foron chapas soltas con risco inminente de caída e no edificio antigo de Aguagest, unha ventá rompeu e caeu á vía pública.

Nun edificio abandonado de Cesar Boente desprendéronse uralitas e soltáronse tellas e na nave de Pazó da avenida de Marín tamén se soltaron uralitas con posible risco de caída.

Unha persiana solta con risco de caída xerou perigo na avenida de Vigo e unha chapa fíxoo na rúa Condesa Pardo Bazán. 

Moitos contedores foron desprazados polo vento e invadiron carrís de circulación na Parda, a parroquia de Ponte Sampaio, a rúa Pintor Laxeiro e a avenida de Marín.

Na praza de España o vento deixou un cartel do aparcadoiro caído: na avenida Xeneral Antero Rubin, caeron valos e sinalización; en San Amaro, un valado de obras; na rúa Cambria, una pérgola; e na rúa A Barca caeron á rúa unha mesa e unha tumbona.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora