Vémonos o Día do Carme en Marín

Marín
08 de xullo 2015

O Rei e a Raíña visitarán Galicia este mes de xullo con motivo do Día do Carme. Segundo asegurou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras ser recibido na Zarzuela por Felipe VI, o monarca visitará a Escola Naval Militar de Marín o día 16

O rei Felipe VI e o presidente da Xunta
O rei Felipe VI e o presidente da Xunta / Xunta de Galicia

O Rei e a Raíña visitarán Galicia este mes de xullo con motivo do Día do Carme. Segundo asegurou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras ser recibido na Zarzuela por Felipe VI, o monarca visitará a Escola Naval Militar de Marín o día 16.

Será a segunda ocasión na que o rei se desprace ata Marín dende a súa coroación, xa que en setembro de 2014 tamén acudiu á Escola Naval con motivo do 25 aniversario da súa promoción de guardiamarinas.

Felipe VI presidirá como rei o acto de entrega de Reais Despachos que pon fin ao curso lectivo da Escola Naval Militar.

Pola contra o Rei non acudirá ao acto da ofrenda ao Apóstolo o 25 de xullo.

O presidente galego agradeceu a especial "delicadeza e cariño" que o monarca mostra por Galicia, sinalou Feijóo á súa saída do pazo da Zarzuela tras reunirse durante hora e media co monarca.