Un verán con 60 actividades para dinamizar todas as parroquias de Cerdedo Cotobade

Cerdedo Cotobade
14 de xullo 2026

O Concello reforza a súa oferta cultural e festiva cunha ampla programación con preto de 60 actividades culturais, musicais, deportivas, gastronómicas e de lecer

Actuación da Banda de Música de Cerdedo Banda de música de Cerdedo

O verán chegou ao Concello de Cerdedo Cotobade cunha ampla e ambiciosa programación con preto de 60 actividades culturais, musicais, deportivas, gastronómicas e de lecer que se desenvolverán até o 30 de agosto en distintas parroquias do municipio.

O alcalde, Jorge Cubela, destacou que o municipio está a vivir "un verán cheo de actividade", cunha axenda "pensada para todas as idades".

A música será unha das grandes protagonistas, cun mes de xullo que inclúe o concerto de Queiman Folk-Rock (23 de xullo, 22:30 horas, na praza do Concello de Cerdedo) e a actuación da Banda de Música de Cerdedo (26 de xullo, 21:00 horas, no mesmo escenario).

En agosto será a quenda da Roda (1 de agosto, 20:00 horas, en Quireza), o Trío Somoza (14 de agosto, 22:00 horas, na Praza da Chan), Rosa Cedrón (15 de agosto, 22:00 horas, en Santa María de Sacos), Budiño (21 de agosto, 22:00 horas, na Praza da Chan), Airiños e The Crass (22 de agosto, na Praza da Chan) e Roi Casal, que pechará a programación o 30 de agosto en Viascón.

O 17 de xullo, o centro cultural de Tenorio acollerá a representación de 'As letras de Begoña Caamaño', mentres que o 18 de xullo, no Auditorio de Cerdedo, representarase a obra infantil 'O marabilloso mundo de Oz'.

A praia fluvial de Cerdedo concentrará a festa do neno (19 de xullo), a obra 'Máis saabor' (20 de xullo) e o espectáculo circense 'Can de Palleiro' (22 de xullo).

En agosto, o centro cultural Antonio Fraguas acollerá o día do neno (16 de agosto) e a obra 'Retazos' (24 de agosto), mentres que a Praza da Chan será escenario de cine ao aire libre coa proxección de 'Rondallas' (18 de agosto).

O programa incorpora ademais a observación da eclipse solar nas pozas de Carballedo (12 de agosto), a proxección de 'San Simón' e o Homenaxe a Pousada (13 de agosto).

Tamén haberá unha exhibición de jiu-jitsu (15 de agosto), o Burger Fest (17 de agosto), a festa holi (19 de agosto), unha camiñada nocturna entre Carballedo e as pozas (20 de agosto) e a homenaxe a Polo (22 de agosto).

Entre as grandes citas destaca o Festival Areabesta, que se celebrará o 29 de agosto na área recreativa de Pozo Negro, en Rebordelo.

Un día despois, o concerto de Roi Casal en Viascón porá o broche final á programación.

Jorge Cubela presenta a programación estival de Cerdedo CotobadeConcello de Cerdedo Cotobade

Outro dos alicerces da programación serán as festas populares.

Tras as Festas de San Benito en Folgoso e Vilarchán (Quireza), o calendario continuará con Santa Mariña en Tomonde e Seixo, a Virxe do Carme en Tresaldeas, as festas en Viascón, o Ecce Homo e a Virxe da Dores en Cerdedo e a churrascada de San Xusto.

En agosto celebrarase a churrascada en Borela; as festas de San Xusto e a IV reunión Val de Quireza (1 de agosto); as festas de Borela e Cuiña (2 de agosto); a Rapa das Bestas de Cuspedriños e as festas de San Estevo de Pedre (2 e 3 de agosto); as celebracións en Loureiro, Pazos de Borela e Caroi (8 de agosto), e as festas en Almofrei (10 e 11 de agosto).

A segunda quincena de agosto comezará coas festas das Fontes en Castro, Santa María de Sacos e Augasantas (15 de agosto); as festas en Vilanova e Famelga (21 de agosto); as de Vilanova e San Bartolomeu en Chamadoira (22 de agosto); San Roque en Carballedo (23 e 24 de agosto); e, finalmente, as festas en Viascón (28, 29 e 30 de agosto), que pecharán o calendario estival.

Cubela quixo agradecer a implicación de comisións de festas, asociacións veciñais e colectivos culturais, destacando que "detrás de cada actividade hai moito esforzo, ilusión e coordinación", o que permite ofrecer "un dos programas de verán máis completos da provincia".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora