Verán Activo leva a 50 mozos de Soutomaior a un campamento en Valverde del Fresno

Soutomaior
14 de xullo 2026

Esta elección responde o interese por achegar os mozos á realidade da Fala, unha lingua tradicional que se conserva en tres municipios e que ten raíces comúns co galego e o portugués

Participantes no campamento de Valverde del Fresno Concello de Soutomaior

50 mozos de Soutomaior participan desde este domingo nun campamento de verán na Serra de Gata, unha das actividades incluídas polo Concello dentro do programa de lecer Verán Activo.

A cita desenvólvese na localidade cacereña de Valverde del Fresno, onde a mocidade de Soutomaior vivirá durante catro días unha experiencia pensada para fomentar a convivencia, a autonomía e o desenvolvemento persoal nunha contorna natural.

O alcalde, Manu Lourenzo, acompañou ao grupo no inicio da estancia, destacando que este tipo de iniciativas "son unha oportunidade única para que a nosa mocidade medre compartindo experiencias, aprendendo convivir, gañando autonomía e creando amizades que moitas veces perduran no tempo".

Lourenzo subliñou tamén o valor educativo do campamento, ao considerar que a oferta de lecer xuvenil ten que ir máis aló do entretemento.

Debe fomentar, segundo dixo, valores como o respecto polo medio ambiente, a cooperación, a solidariedade e o coñecemento da diversidade cultural e lingüística.

Manu Lourenzo e os participantes no campamento de Valverde del FresnoConcello de Soutomaior

Precisamente a elección de Valverde del Fresno responde o interese por achegar os mozos á realidade da Fala, unha lingua tradicional que se conserva nos municipios de Valverde del Fresno, Eljas e San Martín de Trevejo, con raíces comúns co galego e o portugués.

Durante toda a estancia, o equipo de monitorización utilizará esta lingua como vehículo de comunicación.

"O noso idioma forma parte da nosa identidade e coñecer outras linguas irmás como a Fala axuda tamén a valorar mellor o noso patrimonio lingüístico e cultural", sinalou o alcalde.

Participantes no campamento de Valverde del FresnoConcello de Soutomaior

Ao longo do catro días, as persoas participantes realizarán actividades como sendeirismo nocturno, carreiras de orientación, tiro con arco, escalada, tirolina, piragüismo, iniciación á monta dacabalo, xogos populares, deportes de equipo, talleres creativos, xogos nocturnos e dinámicas de grupo.

Estarán supervisados en todo momento por un equipo de monitorización especializado e por persoal municipal.

O campamento desenvólvese en réxime de pensión completa e conta cun programa adaptado a distintas idades con todas as garantías de seguridade.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora