Vía libre para que a Xunta emita o informe sobre a continuidade de ENCE en Pontevedra

Pontevedra
11 de outubro 2014

A Xunta xa pode emitir o seu informe sobre a continuidade da fábrica de ENCE na ría de Pontevedra máis alá do fin da concesión en 2018. O Consello de Ministros aprobou este venres o real decreto polo que se aproba o regulamento da Lei de Costas

Soraya Sáenz de Santamaría, vicepresidenta do Gobierno Moncloa

A Xunta de Galicia xa ten luz verde para poder emitir o seu informe sobre a continuidade da fábrica de ENCE na ría de Pontevedra máis alá do fin da concesión que expira en 2018. O Consello de Ministros aprobou este venres o real decreto polo que se aproba o regulamento da Lei de Costas co fin de garantir a protección ambiental do litoral, a seguridade xurídica dos titulares de dereitos na costa e o desenvolvemento en condicións de sostibilidade das actividades económicas na zona.

Segundo informou a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, o regulamento esixe un informe ambiental autonómico para autorizar a prórroga de concesións de actividades potencialmente contaminantes que recolle a lei.

En calquera caso, o Executivo de Madrid resérvase a posibilidade de obviar este informe alegando razóns de interese xeral.

A últimas declaracións ao respecto efectuadas pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, marcaban unha liña de continuidade co anunciado polo seu antecesor no cargo Agustín Hernández, asegurando que "é unha cuestión de goberno" a postura que mantén a Xunta con respecto á petición de prórroga da concesión realizada pola pastera.

A dirección do Grupo Ence xa solicitou a finais de decembro Ence unha solicitude para prorrogar a súa concesión ata un máximo de 75 anos.

FOLGA

Este sábado iniciouse o primeiro dos catro días de folga aprobados en asemblea polos traballadores da fábrica de Ence en apoio aos seus compañeiros de Huelva onde Ence prevé deter a produción de pasta de papel despedir 300 traballadores.