As dúas últimas fins de semana de agosto vivirase a festa na parroquia de Viascón, pertencente ao concello de Cerdedo-Cotobade.
As celebracións na honra de San Antón e a Virxe de Lourdes terán lugar os días 23, 24, 25 e 29 de agosto.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e os membros da Comisión de Festas presentaban o programa festivo, que arrincará o venres 23 de agosto pola noite cunha gran verbena amenizada pola orquestra Magos e discotecas móbiles Dolce Vita.
O sábado 24 ás 13 horas haberá misa solemne na honra a San Antón e terá lugar unha sesión vermú amenizada por Charanga Os Encerellados. Pola tarde, ás 18:30 horas xogarase o partido Solteiros vs Casados no campo de fútbol de Viascón. E pola noite verbena a cargo do trío Bahí e os DJ Kola e Dave Iglesias.
O domingo 25 comezará a xornada festiva cun pasacalle a cargo do grupo de gaitas Os Afoutes do Canón de Pau. Ás 13 horas haberá misa solemne na honra á Virxe de Lourdes, seguida de procesión e sesión vermú. Pola tarde, ás 16 horas, os máis cativos da casa poderán desfrutar dos inchables, con música e Festa da Escuma.
O xoves 29 de agosto terá lugar un Día de Cine, coa proxección ás 22:15 horas da película "Amigos hasta la muerte", dirixida polo galego Javier Veiga. Será na Praza Ricardo Portela, xunto á Casa do Pobo. No mesmo lugar, haberá unha foodtruck da campaña "Galicia sabe a mar", con degustacións gratuítas dende as 18 ata as 22 horas.