Víctor Méndez presenta o documental 'La guerra del hachís' no Liceo Casino

Pontevedra
12 de xaneiro 2024

Este traballo do xornalista pontevedrés será estreado o martes 16 de xaneiro en Movistar Plus+. Ao acto asistían representantes públicos como Abel Losada, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde da cidade; e Pablo Varela, fiscal xefe da Fiscalía Provincial; ademais de distintos representantes das forzas policiais

Presentación de 'La guerra del hachís'
Presentación de 'La guerra del hachís' / Mónica Patxot

O xornalista pontevedrés Víctor Méndez presentaba este xoves no Liceo Casino o primeiro episodio dunha miniserie documental, que leva por título 'La Guerra del Hachís', un traballo no que se narra aspectos que se atopan detrás do tráfico de haxix relacionados co crime organizado.

Ao acto asistían diferentes representantes públicos como Abel Losada, novo subdelegado do Goberno en Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde da cidade; e Pablo Varela, fiscal jede da Fiscalía Provincial; ademais de distintos representantes das forzas e corpos de seguridade.

O evento foi presentado por Leticia Pérez Rico, responsable editorial de Documentais e Música de Movistar Plus+, plataforma na que se estreará o vindeiro martes 16 de xaneiro este traballo do tamén director de 'Narcogallegos' e xornalista do Diario de Pontevedra

Neste documental, composto de dous episodios, realizarse un seguimento dunha operación desde a reunión inicial dos investigadores ata que se logra deter a un grupo de narcotraficantes.

Víctor Méndez ofrece en imaxes a realidade sobre o negocio dunha droga que non adoita atraer o foco de atención social, malia que "hai mortos constantemente en todas as bandas" e que supón o primeiro paso para financiar outras operacións de movemento de cocaína por parte das organizacións criminais.

O documental 'La Guerra del Hachís' está producido por Imaxe e Comunicacións de Pontevedra, Narcodiario e Movistar Plus+ coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra.