O claustro do colexio de Educación Infantil e Primaria de Ponte Sampaio vén de editar dous vídeos, cos que quere manter o contacto virtual co seu alumnado durante o tempo que dure o estado de alarma e facerlles máis levadíos estes días de confinamento.
Ademais do fin didáctico, os profesores do CEIP de Ponte Sampaio tentan con estes vídeos reforzar o vínculo emocional e o sentimento de pertenza das familiascoa comunidade educativa.
Nun dos vídeos, son os propios mestres os protagonistas da peza. O outro vídeo, elaborado nos primeiros días desde a suspensión das clases, é unha creación na que se combinan imaxes e mensaxes positivas.
Ademais desta actividade, o centro informa que mantén activas diferentes webs para que o alumnado poida divertirse ao mesmo tempo que aprende: o blog da biblioteca (bibliopinco.blogspo.com), o blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (edlgpontesampaio.blogspot.com), o Instagram do centro educativo (https://www.instagram.com/ceippontesampaio/), o blog do Departamento de Orientación para apoio ás familias, así como a Aula Virtual onde se artella toda a formación do alumnado durante este período.