VÍDEO.- Escolares de Caldas adaptan o "All together now" de Los Beatles ao coronavirus

Umia
21 de abril 2020

Máis de trescentos nenos e nenas de Caldas de Reis protagonizan un vídeo que está a revolucionar as redes sociais. Nel, versionan a popular canción "All together now" dos Beatles. Iso si, cunha letra adaptada para a ocasión

Vídeo do alumnado do colexio La Encarnación de Caldas
Vídeo do alumnado do colexio La Encarnación de Caldas / PontevedraViva

Máis de trescentos nenos e nenas de Caldas de Reis protagonizan un vídeo que está a revolucionar as redes sociais. Nel, versionan a popular canción "All together now" dos Beatles. Iso si, cunha letra adaptada para a ocasión.

Cada un destes novos artistas gravou a súa colaboración desde o confinamento nos seus respectivos domicilios e, coa colaboración de Beni Ferreiro, o seu profesor de música no colexio La Encarnación, lograron completar esta peza.

Con esta iniciativa, a comunidade educativa deste centro escolar pretende alegrar o ánimo colectivo da cidadanía durante este confinamento.

Ao mesmo tempo, buscan fomentar a responsabilidade de todos e mandar unha mensaxe de coidado persoal e esperanza ante a pandemia.