VÍDEO.- As praias da ría izan as súas bandeiras azuis

Ponte Caldelas
26 de xuño 2020

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, participou este venres na praia marinense de Portocelo na cerimonia de izado do distintivo e destacou a calidade dos areais da provincia e os seus servizos

Izado da bandeira azul na praia de Portocelo / Concello de Marín

As praias da provincia de Pontevedra xa locen as súas bandeiras azuis. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, participou este venres na cerimonia do izado do distintivo no areal marinense de Portocelo onde destacou que esta provincia é a que sumar o maior número de galardóns de toda Galicia. 

Durante a súa visita a Marín, que conta con cinco bandeiras para as súas praias así como outros dous distintivos para os seus centro de interpretación dos petróglifos, Ateneo Santa Cecilia e para tres sendas peonís; a conselleira lembrou que este verán serán 52 as praias da provincia nas que ondearán esta enseña de calidade correspondentes a once concellos.

Isto converte a Galicia como unha das comunidades mellor posicionada no ranking de mellores praias de España.

A comunidade mantén as súas 107 distintivos, que ascenden a 133 se se ten en conta os galardóns conseguidos por portos deportivos, aulas e centros de natureza. Só a Comunidade Valenciana, con 134 selos, conta con máis bandeiras que Galicia.

A conselleira fixo fincapé tamén na necesidade de respectar as distancias de seguridade nos areais este verán e puxo en valor a xestión dos concellos á hora de organizar a afluencia de público a estes espazos.

Sanxenxo xa dispón das 17 bandeiras azuis que ondearán este verán en Area de Agra, pero tamén e de forma independente, Areas Gordas, A Lapa, Nosa Señora da Lanzada e Foxos. Estas catro praias que ata o de agora compartían insignia contarán cada unha delas con servizos de socorrismo e aseos propios.

A estes novos distintivos súmanse as praias de Areas, Caneliñas, A Lanzada-O Espiñeiro, Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Pragueira, Baltar, Paxariñas e Panadeira.

Ponte Caldelas recibiu a bandeira azul e o distintivo sendeiro azul. O alcalde Andrés Díaz propuxo que en 2021 o acto de entrega dos galardóns se realice na praia fluvial da Calzada, único arenal de río con este distintivo en España.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora