VÍDEO.- Avistan un raposo cruzando a ponte do Burgo

Pontevedra
04 de marzo 2019

O mozo pontevedrés Rafa Saenz-Diez quedaba sorprendido ao atopalo ás 05.00 horas desta madrugada cando percorría a ponte e logrou captar a imaxe en vídeo. Recentemente foron vistos dous destes animais nos terreos da antiga Finca do Teucro

Un raposo cruza a Ponte do Burgo / Rafa Saenz-Diez Callejo

O mozo pontevedrés Rafa Saenz-Diez quedaba sorprendido ás 05.00 horas da madrugada deste luns ao cruzarse cun exemplar de raposo que percorría a ponte do Burgo en dirección á avenida de Uruguai. 

Este mozo amante dos animais logrou captar a imaxe co seu móbil e gravar o vídeo da carreira do animal. Nas últimas semanas víronse varios exemplares destes mamíferos en diversos puntos da cidade.

Desde hai anos, a antiga Finca do Teucro converteuse nun espazo no que se refuxian cando visitan a cidade en busca de alimento. En cidades como Londres ou Bristol detectáronse colonias en distintos puntos desde 1930 e é frecuente a súa presenza nas urbes do Reino Unido. 

Estes animais son omnívoros e adáptanse ao espazo onde residen. As ratas e pombas son dous dos principais elementos da súa dieta.