A concelleira e politíca pontevedresa Carme da Silva xa é, para todos os efectos, senadora tras a constitución este xoves das Cortes Xerais do Estado.
Da Silva, designada como representante no Senado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) por designación autonómica, prometeu acatar a Constitución "por imperativo legal".
Fíxoo no seu idioma, o galego, e acordándose dunha data especial, 17 de agosto, "no Día da Galiza Mártir e en memoria de Alexandre Bóveda".
Carme da Silva comprometeuse a traballar durante a lexislatura "para defender o pobo galego e a soberanía de Galiza".