VÍDEO.- Cerponzóns celebra o seu 1001 aniversario con felicitacións desde o confinamento

Pontevedra
31 de marzo 2020

Ao verse obrigados a suspender a organización de eventos, os dirixentes da asociación de veciños O Chedeiro solicitou felicitacións para os residentes na parroquia entre persoas de distintos ámbitos: político, deportivo, cultural e social

Felicitacións a Cerponzóns con motivo do 1001 aniversario da parroquia / PontevedraViva

A asociación de veciños O Chedeiro de Cerponzóns quería celebrar este luns o aniversario con motivo dos 1001 anos que cumpre a parroquia pontevedresa.

Estaban previstos unha serie de actos festivos pero as circunstancias derivadas da expansión do COVID-19 obrigaron a este colectivo para buscar outras fórmulas para conmemorar esta data coa veciñanza. 

Desta forma tiveron a idea de solicitar a persoas do mundo da política, da cultura, do deporte, do espectáculo e de diferentes áreas sociais que manteñen relación coa parroquia que enviasen un vídeo coas felicitacións, que foron trasladadas aos residentes en Cerponzóns.

Entre estas felicitacións desde o confinamento, a través de audio ou de vídeo, atópanse a do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, os triatletas Saleta Castro e Pablo Dapena; representantes do mundo do espectáculo como Isi e Pepo Suevos; a da presidenta da Asociación Española contra o Cancro en Pontevedra, Carmen Abeledo;  a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, Lupe Murillo; ou concelleira de  Igualdade, Paloma Castro. 

Tamén saen o escritor Rodrigo Cota; a ex concelleira María José Rodríguez Teso; o historiador Rafael Quintiá; o director cinematográfico Pablo Cacheda; o chef Javier Olleros, estrela Michelín; Valentín García Bóveda; Celestino Lores, presidente da asociación do Camiño Portugués; Julio González, integrante de Os Alegres; Pepe Buxán, un dos fundadores de Fuxan os Ventos; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias e a atleta Eva María Iglesias.

A eles súmanse outros representantes políticos como os concelleiros como Demetrio Gómez, Xaquín Moreda e Alberto Oubiña; o concelleiro popular Rafael Domínguez; a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco; e persoal representando a diferentes colectivos como a directora do Coro do Instituto IES A Xunqueira, Luisa Sánchez; o Colexio Profesional de Logopedia; o escritor José Luis Graña; a poeta Elvira Ribeiro; a liga Reumatolóxica Galega; a artista Mercedes Nieto; o historiador Buenaventura Aparicio; o pintor M. Boullosa; o xornalista Vicent García; o caricaturista Rafa Prieto; a presentadora Belén Baños; a actriz María Costas e a monologuista Adelaida Pittaluga.

Neste vídeo recóllese un resumo dalgunhas destas intervencións.