VÍDEO.- Dá positivo en alcohol tras impactar con tres vehículos aparcados en Eduardo Pondal

Pontevedra
19 de marzo 2023

O accidente rexistrábase ás 00.15 horas deste domingo 19 de marzo cando un condutor cruzaba a vía e impactaba contra tres turismos aparcados diante dun estudo de ioga. O condutor foi atendido no mesmo lugar por unha ambulancia das feridas sufridas

Un turismo impacta contra tres vehículos aparcados en Eduardo Pondal Policía Local de Pontevedra

Pasaban quince minutos da media noite e un vehículo que circulaba pola rúa Eduardo Pondal en dirección a Campolongo cruzaba a vía ata impactar contra outros tres turismos que se atopaban estacionados diante do estudo de ioga situado nesa rúa.

O aparatoso accidente provocou que, en breve prazo de tempo, chegarán ata o lugar dotacións da Policía Local de Pontevedra, ademais dunha ambulancia cuxos operarios atenderon no mesmo lugar ao condutor do turismo das feridas sufridas. Non foi necesario o seu traslado a un centro hospitalario.

Os axentes someteron ao condutor a unha proba de alcol ofrecendo resultado positivo, segundo informa a Policía Local.

O violento impacto causou graves danos nos tres turismos aparcados, nos que non se atopaba ningún ocupante. Foi necesario regular o tráfico na zona mentres non foron retirados todos os vehículos accidentados.