VIDEO.- Gravan unha campaña para animar os pontevedreses a comprar no comercio local

Pontevedra
15 de decembro 2020

Dous fotógrafos de Pontevedra, Emi Ramírez e Álex Mosteiro, decidiron crear unha campaña para animar aos pontevedreses a comprar no comercio local durante este Nadal. A través dun vídeo que gravaron en oito establecementos comerciais, apelan á sensibilidade dos cidadáns e que estes puidesen ver "o que hai detrás dos escaparates"

Unha das tendas retratadas no video de apoio ao comercio local Emi Ramírez / Álex Mosteiro

Dous fotógrafos de Pontevedra, Emi Ramírez e Álex Mosteiro, decidiron crear unha campaña para animar aos pontevedreses a comprar no comercio local durante este Nadal.

A través dun vídeo que gravaron en oito establecementos comerciais de Pontevedra, ambos os profesionais apelan á sensibilidade dos cidadáns e que estes puidesen ver "o que hai detrás dos escaparates", segundo eles mesmos explican.

A idea desta campaña é deixar claro a diferenza que existe entre o comercio local e as grandes superficies ou as plataformas de compras por internet.

Así, durante o vídeo, no que se mostra aos responsables destas tendas detrás dos seus mostradores, destácanse entre outras calidades a amabilidade, a implicación ou a proximidade que atopamos nos comercios de Pontevedra.

O vídeo ao completo pódese ver a través de Youtube.