VÍDEO.- Monte Porreiro di adeus ás malas herbas

Pontevedra
09 de agosto 2019

Un equipo de tres operarios da Concellería de Parques e Xardíns eliminou os cañotos que sobresaían das árbores da rúa Grecia en Monte Porreiro. A limpeza tamén incluíu o saneamento dunha parcela de 500 metros cadrados

Tareas de desbrozamento en Monte Porreiro / Concello de Pontevedra

Un equipo de tres operarios da Concellería de Parques e Xardín eliminou, durante a mañá deste venres, os cañotos que sobresaían das árbores na rúa Grecia en Monte Porreiro. 

O traballo de saneamento incluíu a limpeza dunha parcela de 500 metros cadrados e a retirada de cañotos "mediante unha fresadora de tocóns con coitelas de vidia, un composto de alta dureza que permite fresa-los tocóns", explicou o edil de Desevolvemento Sostible e Medio Rural, Iván Puentes.

Así mesmo, tal e como avanzou o concelleiro, durante as próximas semanas procederase á póda de árbores e xardíns do centro asociado á UNED e realizaranse traballos de roza en varias zonas verdes situadas no contorno das rúas Dinamarca e Holanda, no paseo do Miradoiro, e na avenida de Buenos Aires. "Por motivos de seguridade e conservación, tamén se executará a poda dalgunhas acacias perigosas coa axuda dunha grúa e de maquinaria pesada para controlar a caída das polas", matizou Puentes.

Esta limpeza supoñerá un investimento de 10.000 euros en Monte Porreiro, a través da cal se pretende limpar as parcelas en mal estado e "mellorar a seguridade fronte ao perigo dous incendios", concluíu.

Como novidade para as festas da Peregrina deste ano, o Concello levou a cabo a colocación duns valos ao redor dos xardíns da Praza de España para protexelos dos posibles danos que se poidan ocasionar durante a xornada festiva.