Un home de 53 anos foi detido e outro máis, de 41 anos, está a ser investigado, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública no Grove.
Esta detención produciuse no marco da operación 'Redwhite' despregada pola Garda Civil do Grove para desactivar un punto de venda de drogas no centro da localidade.
Esta operación levouse a cabo tras máis dun ano de investigación.
Efectivos da Garda Civil do Grove, co apoio do Equipo de Policía Xudicial de Cambados, EBIO de Sanxenxo, Servizo Cinolóxico e a USECIC de Pontevedra, procederon á entrada e rexistro dun inmoble situado na rúa Luís Seoane, previa autorización xudicial do Tribunal de Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados.
No mesmo interviron 63,50 gramos de cocaína, 4,93 gramos de heroína, 6,30 gramos de haxix, 66,17 gramos de marihuana e máis de 200 pastillas utilizadas para o corte da sustancia estupefaciente, segundo informa a propia Garda Civil.
Ademais os axentes despregados encontaron no seu rexistro dous machetes, revólver e unha pistola semiautomática HK de aire comprimido, útiles para a pesada e distribución de droga, 205 euros en efectivo e tamén diversos efectos de dubidosa procedencia como xoias, moedas antigas, computadores portátiles, unha tablet, un maletín de ferramentas, pezas decorativas e unha guitarra eléctrica.
O home detido foi posto en liberdade con cargos. Tanto el como a persoa de 41 anos investigada polas autoridades contan con antecedenctes policiais.
Tras esta operqación a Garda Civil dá por desmantelado o punto de venda de droga a pequena e mediana escala, que non só no Grove senón tamén en localidades próximas.