O próximo sábado 18 de xullo terá lugar en Postemirón a terceira edición da Romaría de Produtos do campo. Unha cita onde se dá oportunidade de promocionar os pequenos agricultores da zona e os artesáns que dalgún xeito están vinculados ao campo.
Debido ao éxito das anteriores edicións, a organización non dubidou un ano máis en convocar este evento onde exporán produtos en 35 postos variados. Dende a xente da Veiga do Palheiro, da Asociación de veciños e do Concello de Vilaboa continuase a apostar por este tipo de encontros nos que se promove a vida no entorno rural e onde se fai unha aposta polas economías alternativas. Queren demostrar que a xente que vive no campo leva adiante iniciativas moi diversas e é obxectivo desta feira dignificar o traballo do agricultor e do artesán.
A cita deste ano está adicada ao cultivo do millo, promocionando o cultivo das variedades autóctonas e fuxindo das foráneas e das transxénicas. Ao mesmo tempo reivindicando o millo como un alimento básico na economia galega e un alimento con grandes cualidades nutrivitas. Por iso ao longo da xornada haberá un obradoiro para a elaboración da empanada de millo impartido polo mestre panadeiro Julián Sio e unha exposición fotográfica baixo o título “ A cultura do millo”.
Na mesma liña durante a mañán haberá unha intervención sobre o traballo no campo con animais como forza tractora, onde se dará unha nova visión da reincorporación dos animais na vida agrícola.
Xa pola tarde a asociación Meiro Corvo de Bueu presentará o proxecto do millo corvo, como foi a recuperación e como viven agora o proceso.
Ao longo de todo o día a parte da venda de productos do campo, de artesanato ou de comestibles, haberá actuación musical e xogos populares para nenos e maiores.
Os organizadores convidan aos veciños a que se acheguen a pasar unha xornada divertida en Postemirón aproximándose ao mundo rural para coñecelo e aprender.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.