Vilaboa contratará dez persoas con cargo ao Plan Concellos 2017

Vilaboa
28 de xaneiro 2017

Un total de dez persoas serán as que contrate Vilaboa, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra que, ao igual que o ano pasado, destina unha das súas liñas a este tipo de contratacións para que os municipios da provincia poidan manter e garantir os seus servizos

Xunta de Goberno da Deputación
Xunta de Goberno da Deputación / Deputación de Pontevedra

Un total de dez persoas serán as que contrate Vilaboa, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra que, ao igual que o ano pasado, destina unha das súas liñas a este tipo de contratacións para que os municipios da provincia poidan manter e garantir os seus servizos.

En concreto, para pagar a estes dez traballadores, a Deputación destinará 111.560 euros. Así se acordou na Xunta de Goberno deste venres.

Con esta aprobación, e coa da xuntanza anterior celebrada o 23 de xaneiro, a Deputación leva investido xa 933.000 euros nesta liña de acción, o que supón o 10,06% do investimento asignado e 113 persoas empregadas en oito concellos da provincia.

Carmela Silva recordou que este ano a achega total da liña tres do Plan Concellos é de 9.270.000 euros, o que supón o 22,5% do total dun programa que ascende no 2017 a 41,2 millóns de euros.