Vilaboa homenaxeará o Entroido de Cobres cunha fonte de pedra

Vilaboa
20 de outubro 2017

O ámbito da Casa da Cultura de Riomaior é o escenario escollido para a instalación dunha fonte de pedra que homenaxeará o Entroido de Cobres, festa declarada de interese turístico. Un convenio entre a Deputación e o Concello, valorado en preto de 6.000 euros, permitirá a instalación do monumento, que será realizado pola Escola de Cantería

José Luis Poceiro, alcalde de Vilaboa, e a deputada Montse Magallanes
José Luis Poceiro, alcalde de Vilaboa, e a deputada Montse Magallanes / Deputación de Pontevedra

O ámbito da Casa da Cultura de Riomaior é o escenario escollido para a instalación dunha fonte de pedra que homenaxeará o Entroido de Cobres, festa declarada de interese turístico.

Un convenio entre a Deputación e o Concello, valorado en preto de 6.000 euros, permitirá a instalación do monumento, que será realizado pola Escola de Cantería.

A deputada Montse Magallanes e o alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro, coincidiron en sinalar a importancia de poñer en valor o traballo do alumnado da escola, que será quen leve a cabo os traballos de elaboración e instalación da fonte.

Ambos subliñaron que este novo elemento porá en valor un dos festexos con maior capacidade de atracción turística no inverno nas Rías Baixas.

A fonte será construída en pedra e instalada en muro do mesmo material. Contará cun busto homenaxe en relevo no que se representa ao personaxe do entroido coñecido como "Manolo".

Está previsto que antes da celebración dos festexos de entroido, é dicir, en febreiro de 2018, poida inaugurarse este novo elemento arquitectónico de Vilaboa.