As 1.675 unidades dos bonos 'Son da Casa!' postas á venda online o pasado 1 de maio esgotáronse en pouco máis de dous días, confirmando, unha vez máis, a "excelente acollida" desta iniciativa municipal entre a cidadanía e o sector comercial e hostaleiro.
Desde o Concello sinalan que esta campaña extraordinaria de primavera, impulsada a petición dos propios negocios para paliar a baixa actividade rexistrada durante o inverno, xa comezou a dar os seus froitos.
Durante o fin de semana, especialmente en bares e restaurantes, e tamén ao longo da mañá deste luns en establecementos comerciais, rexistráronse as primeiras compras realizadas con estes vales subvencionados.
Todas as persoas que non poidan adquirir as súas vales de maneira online poderán facelo este sábado pola mañá na Praza de Galicia, onde o Concello porá a disposición da cidadanía 200 paquetes adicionais en formato físico.
Para a súa adquisición será necesario presentar o DNI e ser maior de idade. Permitirase un máximo de dous paquetes por persoa.
Nesta edición especial, o Concello destinou un investimento de 18.750 euros e emitiu un total de 1.755 packs.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.