Vilagarcía restrinxe o acceso a praias, cemiterios e suprime a recollida de residuos voluminosos

O Salnés
17 de marzo 2020

O goberno local estuda a adopción de medidas económicas e beneficios fiscais para persoas e empresas que palie o impacto económnico da corentena

Edificio do CIRA na praia de Compostela en Vilagarcía
Edificio do CIRA na praia de Compostela en Vilagarcía / PontevedraViva

O Concello de Vilagarcía decretou esta mañá a prohibición do acceso ás praias e a todas as áreas recreativas do municipio. Unha medida que complementa as restricións de acceso a parques e instalacións lúdicas ou deportivas municiaples. No mesmo documento, o alcalde, Alberto Varela, ordena o peche dos cemiterios municipais aos que só se poderá acceder para casos de inhumaciones ou exhumaciones.

Así mesmo, todos os trámites burocráticos relacionados co Concello, por orde do Ministerio de Facenda, quedan suspendidos ata que se levante o estado de alarma. Así mesmo, o goberno local poñerá en práctica medidas que favorezan non liquidar os tributos municipais naqueles contribuíntes que non poidan explotar os servizos polos que deben abonar as súas cotas como as terrazas da hostalería ou as escolas de música. Doutra banda, estudan a implantación de beneficios fiscais para aquelas persoas ou empresas que visen alterada a súa actividade polo coronavirus.

Noutra orde de cousas, lembran desde o Concello vilagarcián que o servizo de limpeza segue traballando a pleno rendemento, pero centrando os seus esforzos na deinfección das zonas de maior afluencia de público. Por iso, acordaron suspender a recollida de residuos voluminosos e facer un chamamento á cidadanía para que faga un uso racional do servizo de recollida de lixos.