Vilanova de Arousa celebra a súa IV Mostra da Camelia

O Salnés
23 de febreiro 2018

Este ano a mostra conta con diferentes actividades que se realizarán nos días 3 e 4 de marzo e estarán destinadas aos amantes desta flor.

Camelia en flor
Camelia en flor / Mónica Patxot

Vilanova de Arousa acollerá por cuarto ano consecutivo a mostra floral centrada ao redor da camelia en colaboración coa Sociedade Española da Camelia e a Deputación de Pontevedra, que se celebrará os días 3 e 4 de marzo no Pavillón Multiusos de Vilanova.

Este ano a organización planeou diferentes actividades durante a programación, que están destinadas a todos os participantes nesta festa, entre as que se atopa unha viaxe en catamarán pola ría. O horario nestas xornadas será o seguinte:

9:00h. Apertura de portas para os expositores. Obsequio de rosca e chocolate para os expositores.

13:00h. Inauguración da mostra.

13:45h. Entrega de diplomas e agasallos ós participantes.

13:50h. Actuación do grupo de danza da Asocación O Castro.

14:15h. Pincho e un viño galego.

16:00h. Saída en catamarán pola ría.

Aqueles que desexen inscribirse na mostra deberán facelo chamando ao número 986 554 945 ou enviando un correo electrónico á dirección de e-mail anacarballa[email protected].