A volta ao cole en Poio vén cargada de cor, alegría e moita diversión

Poio
01 de setembro 2025
Actualizado: 18:46

Este venres 5 de setembro, a partir das 18:00 horas, na Praza da Reiboa, na Seca, haberá unha gran festa infantil

Festa de volta ao cole en Poio
Festa de volta ao cole en Poio / Concello de Poio

O Concello de Poio quere despedir o verán ao grande e dar a benvida ao novo curso escolar por todo o alto.

Con este obxectivo están a organizar unha gran festa infantil para este venres 5 de setembro, a partir das 18:00 horas, na Praza da Reiboa, na Seca.

A xornada promete ser inesquecible: pos de cores ao estilo Holi, inchables para todas as idades, obradoiros de manualidades.

Tamén haberá animación musical a cargo de Javi Solla, que porá ritmo e bo rollo a unha tarde pensada para que ninguén quede sen sorrir.

"Queremos que a volta ao cole sexa tan especial como o foi o verán", afirmou este luns durante a presentación o alcalde, Ángel Moldes, quen convida a todas as familias a participar nunha cita que, tras dúas exitosas edicións, xa se converteu nunha tradición moi esperada.

Desde o Concello confían en repetir o éxito de anos anteriores.

Moldes lembrou que desde o principio esta actividade espertou "moitísimo interese e participación" entre as familias do municipio e, por iso, este venres agardan revivir esa experiencia e que tanto pequenos como maiores gocen dunha tarde especial.

Presentación da festa de Volta ao cole
Presentación da festa de Volta ao cole   Concello de Poio