Volve o mercado ambulante dos domingos de Barro

Barro
03 de xullo 2020

O número de postos redúcese á metade e alternarán cada domingo, ademais os clientes deberán levar máscaras e haberá unha zona de entrada e outra de saída

Instalación dos postos no mercado ambulante de Barro
Instalación dos postos no mercado ambulante de Barro / Diego Torrado

O mercado ambulante de Barro regresa este domingo. E farao con todas as medidas de seguridade para evitar  contagios por coronavirus.

Entre as medidas adoptadas figura a limitación de aforo dos postos ao 50 % alternando cada domingo os correspondentes a cada lado da beirarrúa. Doutra banda, o percorrido do mercadillo será de dirección única. As persoas entrarán pola rúa de  As Baladas e sairán pola rúa Areal.

O uso de máscara e mantemento da distancia de seguridade será obrigatorio como medidas para previr  contafios. Ademais recomendan ás persoas que acudan ao mercado que permanezan alí o menor tempo posible.