Volve 'PontedeTapas' coa súa sétima edición do 28 de novembro ao 8 de decembro

Pontevedra
06 de novembro 2014

Os hosteleiros interesados en participar no consurso poden inscribirse ata o día 20 de novembro. Mantéñense os prezos de 1,5 euros por tapa e 2,5 euros para os cócteles

Presentación da sétima edición do PontedeTapas
Presentación da sétima edición do PontedeTapas / PontevedraViva

Os locais de hostalería de Pontevedra xa preparan a que será a sétima edición de PontedeTapas.

O concurso gastronómico volve cunha edición que mantén os aspectos craves da pasada, incluída a data, xa que se celebrará desde o 28 de novembro ata o día 8 de decembro co obxectivo de superar os 52 locais participantes e as "32.000 tapas, 2.000 cócteles e impacto económico de unos 100.000 euros" do pasado ano nun mes, novembro, tradicionalmente baixo para os hostaleiros, segundo sinalou a concelleira de Promoción Económica Carlota Román.

As tapas a concurso terán un custo de 1,5 euros, mentres os cócteles poderanse adquirir a 2,5 euros.

Os locais interesados en participar no certame poden inscribirse ata o 20 de novembro a través da páxina web www.pontedetapas.eu ou en Turismo de Pontevedra, cunha taxa de 90 euros que irá destinada ao sorteo de premios do público.

Unha vez finalizado o PontedeTapas realizarase unha gala, o día 15 de decembro, na que se anunciarán os gañadores, elixidos por un xurado que contará "con dos hosteleros con estrella Michelín", ademais doutros personaxes públicos. Tamén se habilitará a categoría de premio do público, outorgado polas votacións populares.