A programación de Nadal de Pontevedra amplíase coa chegada das vacacións escolares. A principal novidade é a apertura do Recinto Feiral, que acollerá a iniciativa Nadal Xogos.
Talleres, contacontos, inchables ou xogos tradicionais forman parte desta oferta lúdica, que estará dispoñible de xeito gratuíto ata o vindeiro 7 de xaneiro, entre as 16:30 e as 20:00 horas.
Durante todo ese período só pechará por descanso o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.
Ademais, tamén está aberta xa a carpa de xogos do bosque de Nadal habilitado na Alameda e na Praza de España.
Neste caso, haberá actividades para nenos e nenas de 0 a 12 anos ata o 4 de xaneiro. Será tanto en horario matinal (12:00 a 14:00 horas) como vespertino (16:30 a 19:30 horas).