Xa está operativo o renovado parque biosaudable da Seca

Poio
10 de maio 2026

Instaláronse tres novos aparellos e foron realizadas labores de mantemento en sete estruturas deste espazo deportivo

Ángel Moldes no parque biosaudable da Seca Concello de Poio

O Concello de Poio finalizou a posta a punto do parque biosaudable da Seca, que xa se atopa operativo para o uso público.

A intervención consistiu na renovación técnica dos elementos existentes e na ampliación do número de máquinas destinadas ao exercicio físico ao aire libre.

Os traballos incluíron a reparación de sete estruturas que presentaban desgaste.

Nas tarefas de mantemento leváronse a cabo tratamentos contra o óxido, lixados, labores de pintura e a substitución de rodamentos e pezas deterioradas.

A estas melloras sumouse a instalación de tres novos aparellos que complementan a oferta de actividade física no recinto.

Este espazo público, situado na contorna da Reiboa e da senda do Litoral, ten como obxecto facilitar a práctica deportiva e a rehabilitación, con especial atención ao envellecemento activo.

A partir deste momento, a veciñanza dispón de novo desta infraestrutura con todos os seus elementos adaptados á normativa de seguridade vixente.