Xa se perde a conta das verteduras de lixo denunciadas no ENIL do Gafos

Pontevedra
21 de novembro 2023

Nesta ocasión, trátase dunha vertedura ilegal dun arcón conxelador, unha neveira, sacos de entullos de obra, tubaxes, cables, taboleiros de madeira e un coche infantil réplica dun Range Rover.

Vertedura ilegal no ENIL do Gafos
Vertedura ilegal no ENIL do Gafos / Vaipolorío

A asociación Vaipolorío puxo en coñecemento das autoridades un novo atentado medio ambiental rexistrado na contorna do Gafos, unha zona declarada Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Nesta ocasión, trátase dunha vertedura ilegal dun arcón conxelador, unha neveira, sacos de entullos de obra, tubaxes, cables, taboleiros de madeira e un coche infantil réplica dun Range Rover.

Lamentablemente, xa se perdeu a conta das numerosa ocasións na que Vaipolorío pon en coñecemento do 112 este tipo de verteduras. 

Esta asociación ambientalista espera que as autoridades identifiquen os responsables desta vertedura e impoñan a correspondente sanción.