Xa se poden recargar coches eléctricos no Hiper Froiz

Pontevedra
09 de outubro 2021

A empresa Froiz instalou no aparcadoiro do Hiper Froiz seis puntos de recarga, dous deles de carga estándar e catro de carga ultra rápida (120 kw/hora), o que supón que, en pouco máis de media hora, un vehículo con baterías de alta capacidade (90 kw/hora) estará cargado. Os conectores son CHAdeMO, CCS e tipo 2-Mennekes

Punto de recarga de coches eléctricos no Hiper Froiz
Punto de recarga de coches eléctricos no Hiper Froiz / Supermercados Froiz

Os cargadores de coches eléctricos están a facerse un oco nos aparcamentos pontevedreses. A última empresa en instalar puntos de recarga foi Froiz, concretamente no aparcadoiro do Hiper Froiz, situado entre as rúas Santa Clara e Cobián Roffignac.

En total foron seis puntos de recarga, dous deles de carga estándar e catro de carga ultra rápida (120 kw/hora), o que supón que, en pouco máis de media hora, un vehículo con baterías de alta capacidade (90 kw/hora) estará cargado.

Os conectores son CHAdeMO, CCS e tipo 2-Mennekes.

Froiz tamén contará con persoal especializado para atender aos usuarios e guialos no proceso de recarga de vehículo.

Esta iniciativa únese ás furgonetas de repartición eléctricas implantadas pola empresa coa intención de realizar un traballo máis sostible.